Pequena ruta de interpretación patrimonial na ribeira do Río Arnoia coa que se pretende achegar a importancia deste río no pasado, presente e futuro de Allariz.
11 e 18 de novembro de 2012 (posibilidade de realización noutras datas baixo reserva previa)
Temática:
Etnografía, Historia, Arqueoloxía Industrial, Gastronomía, Bioloxía, Ornitoloxía
Descripción da actividade:
A actividade comeza coa visita á Fábrica de Curtidos Familia Nogueiras, hoxe convertida nun
restaurante-museo. Neste lugar, da man dun artesán do coiro, poderás comprender
o longo e complexo proceso do curtido das pieles. Actividade na que Allariz foi
un verdadeiro referente nos finais do século XIX e comezos do XX.
Vista aérea da Fábrica de Curtidos Familia Nogueiras / Foto: Concello Allariz |
Mediante un pequeno paseo polo que se coñece como o “medio kilómetro máis bonito de España” descubrirás as orixes de Allariz e retrocederás no tempo coas pegadas da Ponte da Vilanova, sita baixo o monte no que noutrora estaba a famosa fortaleza medieval. Coñecerás o Muíño do Burato, pechado na década dos 60 do pasado século como consecuencia do abandono do agro, a emigración e a aparición do pan industrial. Neste lugar poderás observar o funcionamento dun muíño hidráulico tradicional e coñecer da man do seu muiñeiro algunha das lendas e cantigas das “muiñadas”.
A ruta continúa, acompañados dun especialista en patrimonio, polas beiras do Río Arnoia ata o Muíño do Briñal. Neste pequeno paseo de apenas 3 km poderás comprender a importancia desta arquitectura e o seu papel dende o pasado como ferramenta necesaria para a moenda, ata o presente como recurso cultural.
Goza dun bo xantar, coñece xente e divírtete cos
teus amigos mentres degustades os produtos típicos do outono. Recarga forzas
para poder continuar acompañando ó discorrer do río e internarte no corazón da Reserva da Biosfera de Allariz.
Neste derradeiro tramo poderás observar a cara máis descoñecida do Río Arnoia e
visitar in situ varios muíños
hidráulicos entre os que destaca o inigualábel Muíño das Escadas, onde reside un dos mamíferos máis ameazados de
toda a península. Neste percorrido final poderás observar, mediante a axuda dun
especialista e a práctica do birdwatching,
toda a riqueza biolóxica que agocha este recuncho do río.
Birdwatching / Foto: Bilurico Medio Ambiente |
A actividade rematará na aldea da Portela de
Magarelos. Dende este lugar ás 17:30 horas aproximadamente sairá unha furgoneta
con destino ó punto de encontro e de orixe da ruta.
Descripción da ruta:
Dificultade: BAIXA
Descripción da ruta:
Dificultade: BAIXA
(marcha efectiva de menos de 2 horas por terreos
sen grandes desniveis)
Lonxitude total: 7,8 km.
Altitude
máxima: 544 m. Altitude mínima: 423 m.
Punto de encontro:
Café Bar O Recuncho do Arnoia
Café Bar O Recuncho do Arnoia
Parque do Portovello, 1 Baixo 32660 Allariz (OURENSE) (VER EN GOOGLE MAPS)
Esta cafetaría encóntrase xusto na entrada principal do Festival de Xardíns cun amplo aparcadoiro. Hora de reunión: 10:30
Recomendacións:
Equipo aconsellable: mochila pequena con chuvasqueiro e paraugas e algo de avituallamento (froitos secos, froita, chocolate, bebidas...). Aínda que as previsións do tempo sexan boas recomendamos levar roupa de abrigo e calzado adecuado para camiñar pola ribeira do río. Asemade recomendamos tamén deixar unha muda no punto de inicio da ruta.
Comportamento: parte do roteiro realízase dentro da Reserva da Biosfera de Allariz, xa que logo a nosa conduta debe ser respectuosa co medio atendendo en todo momento as indicacións da organización.

No hay comentarios:
Publicar un comentario