26 nov 2012

A Ruta do Arnoia no YouTube

Botádelle unha ollada ao vídeo que editaron uns amigos que participaron na Ruta do Arnoia. Moi chulo si señor!! Graciñas compañeir@s. ;)


9 nov 2012

Os deuses non poden con nós

Previsión de Meteogalicia para o domingo 11 pola mañá.

Pois nada, que Meteogalicia segue sen darnos boas novas. Por isto, e ante a posibilidade de que a ruta do domingo se anule por mal tempo, tal e como apuntamos nas condicións da actividade, decidimos cancelala no formato como estaba deseñada. Pero negámonos a non realizar ningunha das actividades previstas no marco da Feira do Outono de Allariz!!!! Polo que como actividade complementaria á feira e para agradecer a apertura de portas do concello á iniciativa privada, o domingo ás 10:30 dende o Café Bar Recuncho do Arnoia (ver en Google Maps) faremos polo menos parte desta. Non será necesario inscrición nin pagamento previo, xa que logo é posible que se fai moi mal tempo a actividade se anule de todos modos. Con tal, se o domingo espertas e non chove e queres camiñar un pouco polo corazón da Reserva da Biosfera de Allariz da man de especialistas que nos ensinarán todo o seu valor patrimonial só tes que aparecer neste punto á hora marcada. Se queredes máis información estaremos todo o fin de semana no pavillón da Feira. O programa definitivo da actividade será:

10:30 _ Punto de encontro _ Reunión dos participantes (avaliación colectiva das condicións metereolóxicas para facer a actividade). 

10:30 - 10:45 _ Desprazamento en automóbil dende Allariz ata o punto de inicio da ruta (A Portela). A organización disporá dun máximo de 14 prazas. No caso de reunir un grupo maior será necesario usar vehículos propios. 

11:00 _ Inicio da andaina Portela-Allariz (7 km). Durante o percorrido faremos diferentes paradas e obradoiros de interpretación patrimonial. 

14:00 _ Fin da actividade. 


Recomendacións: 

Equipo aconsellable: mochila pequena con chuvasqueiro e paraugas e algo de avituallamento (froitos secos, froita, chocolate, bebidas...). Recomendamos levar roupa de abrigo e calzado adecuado para camiñar pola ribeira do río. Asemade recomendamos tamén deixar unha muda no punto de inicio da ruta. 

Comportamento: parte do roteiro realízase dentro da Reserva da Biosfera de Allariz, xa que logo a nosa conduta debe ser respectuosa co medio atendendo en todo momento as indicacións da organización.  






8 nov 2012

A Feira do Outono de Allariz nos medios

Este ano a Feira do Outono de Allariz abre as portas á iniciativa privada, de modo que institucións como a Fundación Ferreiro e o Centro Medioambiental O Rexo ou nós Xeitura: Xestión Integral do Patrimonio Cultural, colaboramos activamente coa coordinación de cursos de cociña, obradoiros etnográficos, de ornitoloxía, patrimonio cultural e reciclaxe, entre outros. Unha proposta transversal que pretende por unha banda servir como pulo de atracción turística, desestacionalizándoo, namentres que propón actividades formativas e de lecer alternativas para todos os ourensáns. Desta particularidade fanse eco hoxe os medios de comunicación:

La 'XVII Feira de Outono' reunirá a 42 productores

La implicación de la iniciativa privada amplía la oferta del fin de semana
La Región  8-11-2012 (ler nota de prensa completa)


5 nov 2012

As rutas na XVII Feira de Outono de Allariz

Xa estamos a menos dunha semana para a primeira ruta!! Esta enmárcase dentro da programación ofertada polo Concello de Allariz con motivo da XVII Feira do Outono. Se queredes coñecer todas as actividades nesta ligazón tedes máis información: http://www.allariz.com/feiradeoutono/actividades.html


26 oct 2012

Tríptico oficial das
Rutas do Outono por Allariz

Agora si!!!!! ...grazas ó bo traballo da xente de Impresionarte xa podemos dar difusión do tríptico definitivo das Rutas do Outono por Allariz.